[Imagen del logotipo de la organización]   I.E.S. "A Farixa "    
Ourense    

Programas Europa

Arriba
Saúdo
O Noso Centro
Secretarí@
Estudios
Titorías
Promocións
Programas Europa
Calidade ISO 9001
Noticias
Orientación Escolar
Ofertas de Traballo
  

 

 

Son programas da Unión Europea para a Educación e a Formación Profesional. O obxectivo principal destes programas consiste en reforzar e mellorar o acceso á formación, facilitar transferencias de novas tecnoloxías, posibilitar a integración do  traballo  e da formación nas organizacións; fomentar o deseño de novos métodos de formación e mellorar a cualificación laboral dos traballadores.

Este Instituto participou  e está a participar nos seguintes programas europeos:

Sócrates                                                                        1995-2001
É un programa de estancia e intercambios do alumnado cun Instituto francés co obxecto de que melloren o idioma e coñezan in situ a cultura francesa. Isto repercutirá  na súa educación integral.

 

Xestión de Recursos Hídricos                                               1996-1999

Proxecto Piloto P/95/1/00054/I.1.1.a

Programa de formación de Técnicos na área de medio ambiente para a  xestión de recursos hídricos a través dun novo método de análise da calidade; a novidade deste método é que se realiza polo estudio dos Macroinvertebrados.

Neste proxecto o instituto "A Farixa" participou como socio, e o seu cometido foi o traballo de campo, asi como a elaboración dos productos finais: Video, CdRom e Publicacións.

 

Electrónica aplicada á  xestión de Recursos Naturais e ó  tratamiento dos Residuos Sólidos (BREOGAN)                                   1998-1999

Programa de estancias e intercambios de formadores , que pretende contribuir na aprendizaxe das materias relacionadas coa xestión dos recursos naturais e tratamento dos residuos sólidos.

 

Técnicas de Xestión de Recursos Naturais  e Tratamento dos Residuos Sólidos.     (TE.GE.RE.NA.)                        

Proxecto Piloto E/99/1/061322/PI/I.1.1.a/FPI2000-2001

O  proxecto consiste na realización dun programa para a mellora do Medio Ambiente a través do tratamento e aproveitamento dos residuos sólidos. 

O noso instituto é promotor do mesmo, estando como socios colaboradores: Aproema, Concello de Allariz, Concello de Ourense, Ecoserviços (Portugal), Escola Profissional de Chaves (Portugal), Instituto de Investigacións Tecnolóxicas (Univ. Santiago), Lycée J.H. Fabre (Francia), Mancomunidade do Ribeiro, Promoconsult AB (Suecia), Sogama, Terbipromat (Dpto. de Física Aplicada- Univ. Santiago).

 

[Principal] [Saúdo] [O Noso Centro] [Secretarí@] [Estudios] [Titorías] [Promocións] [Programas Europa] [Calidade ISO 9001] [Noticias] [Orientación Escolar] [Ofertas de Traballo]

Enviar correo electrónico a webmaster@farixa.com con preguntas ou comentarios sobre este sitio Web.
Copyright © 2000 Instituto de Ensino Secundario "A Farixa"
Última modificación: 11.30.2003